2024/03/15

DÍA DA NATUREZA

Bos días!!

Tendo en conta que o 3 de marzo foi o Día Mundial da Natureza,  ao redor desa data acudiron ao noso cole para realizar unha actividade con nós os maiores do Centro de Día de Curtis. 

Neste encontro interxeracional entre pequenos e maiores, conmemoramos o Día da Natureza plantando xuntos diferentes sementes (leitugas, calabacíns…). 

Moitas grazas por vir! 😃 Estamos desexando que volvades! 😍


 

2024/03/13

ESTREANDO FORNO

Moi boas! 👋

Onte estreamos forno no comedor e non o puidemos facer de mellor maneira: roliños de xamón cocido recheos de berros ecolóxicos do Batán. 😋😋😋 Estaban boísimos!!



2024/03/02

RECORDOS DE ENTROIDO

Moi bos días! 😀 

A continuación compartimos con vós un vídeo de cómo celebramos este ano o Entroido no CEIP de Présaras. 

2024/02/21

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Bos días!

O luns desta semana contamos cunha visita que sempre nos fai especial ilusión cada vez que vén ao noso cole: PACO NOGUEIRAS! 😍😍😍

Contounos varios contos acompañados de moita música como, por exemplo: “A araña ocupada”, “A visita", “Grisela”, “Ratos na escola”, “O elefante que perdeu o seu ollo” e “Son animal”.




Non cabe dúbida de que en Présaras somos moi fans de Paco e aquí tedes a proba... 🤗





2024/02/06

ENTROIDO 2024

 Ola, ola. Aquí vai a información relacionada coa semana de entroido no CEIP de Présaras.

Anímate a participar.

Toca disfrazarse!!



2024/02/02

SABOREANDO OUTRAS CULTURAS

Ola, ola!!

Coma na nosa terriña non se come en ningures, pero a pesar diso no cole apreciamos a diversidade cultural e por iso tamén a introducimos no noso comedor nalgunha que outra ocasión. Por exemplo, un día desta semana tocou viaxar a México e tivemos para xantar unhas deliciosas fajitas...😋😋

2024/01/30

TRANSPLANTANDO AMORODOS

Ola de novo!! 😃

Aproveitando que saiu o sol e estamos na época de transplantar os amorodos, a semana pasada iso fixemos no noso cole! 🍓🍓🍓 Aquí tedes un vídeo de proba...


2024/01/25

ALIMENTÁMONOS QUE DÁ GUSTO

Boas de novo! 👋
Se de algo se caracteriza tamén o noso cole é do ben que nos dá de comer a nosa cociñeira Carmen cada día no comedor. 😍😍😍 A verdade é que lle saen todos os pratos boísimos, pero témosvos que dicir que sentimos especial debilidade polas súas croquetas caseiras...😋😋😋
Esta semana puidemos degustalas unha vez máis, acompañadas nada máis e nada menos que dunha variedade de leitugas ecolóxicas da horta do Batán. Cómo non imos medrar tan sans e fortes comendo tan ben??
Para darvos un pouquiño de envexa, aquí vos deixamos unha fotiño para que vexades do que falamos...

2024/01/21

OUTRA VISITA DO TRASNO

Ola de novo!! 🤗

Voltamos tras as vacacións e na primeira semana de cole o famoso trasno xa decidiu pasarse de visita rápida polo cole. Desta volta volveunos deixar agochado outro saco con máis xogos para as nosas clases. Pero como non lle imos querer ben ao noso amigo? 😍😍😍 Moitas grazas, Trasno!! 😃