2013/10/03

Sen rumbo polo Mundo

Iniciamos un tema novo para este curso.
Vaise titular
"Sen rumbo polo mundo"
e con el viaxeremos desde o noso salón polos lugares máis bellos do planeta... e de fóra se cadra.
Veremos selvas e desertos, montañas e vales, illas paradisíacas... e moito máis.
Porque cos libros, e tamén con internet, podemos recorrer todo o mundo... Sen rumbo.

2013/05/10

O gato con botas

Dous alumnos de sexto, Claudia e Diego, len "O gato con botas" para todos nós no noso Salón.


2013/05/08

Conto da leiteira

Yago e Nuria, ou sexa, todo segundo curso ao completo, len no noso Salón o conto "A leiteira".