2014/03/21

Hoxe veu un Contacontos

Hoxe veu contarmos contos Ignacio.

Contounos contos de burros e moito máis.

Rimos, cantamos e pasámolo moi ben.

2014/03/12

Entrevistamos a un periodista

Hoxe veu ao Salón Iván Gómez Blanco, periodista, coordinador e redactor do periódico "Cerne" de Melide. Todos os nenos fixémoslles preguntas para aprender cousas do xornalismo. Descubríunos moitos detalles da vida do periodista. Contounos de cando tivo a sorte de entevistar a Woody Allen. Ese día foi el o único que o poido conseguir. Tamén nos contou canto entrevistou a un investigador sobre o cancro. Explicounos como funciona o periódico mensual gratuíto que edita, como é o seu traballo, os seus horarios, o que lle gusta e o que non lle gusta do seu traballo. E ademais foi, de pequeno, alumno -e moi bó- do noso colexio. Sentímonos moi orgullosos de que un antigo alumno edita un periódico.