2014/11/27

Unha investigadora no Salón

O pasado 24 de novembro veu darnos unha charla Olga, unha bióloga que investiga un tipo de cancro no prestixioso Hospital Val d'Hebrón de Barcelona.
Explicounos como traballan os científicos. O mellor é que se adentran en novos coñecementos por onde ninguén se adentrou antes.
Aprendimos que para ser investigador non só hai que estudar moito, senón que debes ser moi curioso, ser moi paciente e ter moita paixón polo que fas.
Despois, ademais, ter algo de sorte.
Nós regalámoslle uns bombóns, para endulzarlle un pouco a dura vida do investigador.