2016/10/29

COÑECEDES O CONTO DA CIGARRA E A FORMIGA?

Dani de Infantil veunos ensinar esta preciosa e grandre cigarra. Son animais cun canto espectacular, ainda que non son moito de traballar polo que din. 😉

2016/10/28

TERRORÍFICOS!!!!

Que susto levamos os profes na hora da comida!!!😵

HOXE NO MENÚ...

Menú monstruoso. Arañas, monstruos... bruxería pura!!!

Parking!

Como veña tráfico....temos mal aparcadas as basoiras? Xa no comedor listos para xantar.

SAMAÍN 2016

Está sendo un día moi divertido, cheo de sorpresas!!!

TRICK-or-TREAT!?!?

A "Teacher" preparou unha actividade-simulación do famoso "truco ou trato" /"doce ou travesura" de Halloween. Para achegar aos nen@s a esta tradición británica que data da Idade Media e que tantas cousas en común ten co noso Samaín. No século XV mencionouse por primeira vez unha tradición similar na rexión de Portugual, na que os nen@s pedian "bolinhos" (pão-por-deus) e en Galicia onde se pedía o "migallo". O caso é levar algo doce a boca estes días!!! 😉
Por certo, seguimos recibíndo maravillosas cabaciñas , arte puro!

2016/10/27

SAMAÍN

Este venres celebramos o Samaín, un mundo tenebroso cheo de bruxas, pócemas segredas, conxuros e cousas estrañas.  ÍMOLO PASAR MOI BEN!!!

2016/10/21