2017/03/27

A NOSA HORTA

A «cociña de Tere» aínda está presente. Hoxe os maiores traballaron con ela na horta plantando leituga  e mesmo montando un pequeno invernadeiro caseiro.

PANEIS ACÚSTICOS

Seguimos fabricando difusores e paneis para atrapalas ondas de todo tipo. Neste caso preparamos uns paneis móbiles pra aislar aos artistas á hora de facer gravacións. Deste xeito as nosas produccións serán do mais profesionais. As nosas dobraxes cinematográficas, os nosos contos, a nosa música e os nosos futuros proxectos terán unha limpeza propia dun estudo de gravación profesional.

LABORATORIO DE ONDAS

A ciencia pode chegar a ser moi divertida. E no salón temos moitos libros a través dos cales podemos descubrir grandes cousas. Ben sabedes que nesta parte do curso estamos a estudar as ondas, pois fomos ao laboratorio a experimentar con elas. Aprendemos o que é a «reflacción da luz», as partes dunha onda (cresta, val, amplitude, lonxitude) e puidémos ver as ondas acuáticas de primeira man. Mesmo disfrutamos dun grandioso «arco da vella», un espectro amplio e nítido para goce de tod@s.

2017/03/19

ONDAS ACUÁTICAS

A propósito das ondas... As "minchiñas" e os "macaquiños e macaquiñas" descubriron ondas na piscina. Fixémonos cada vez máis analistas con esto da sondas.
Seguimos OLLANDO PRETO.



2017/03/16

DIFUSORES

Pronto nos puxemos mans a obra con esas ondas sonoras que tanto nos fastidian. Para evitar as terribles reflexións que se producen na aula de música que nos dificultan a escoita en certas actividades decidimos fabricar estas pequenas trampas acústicas caseiras (difusores). Aínda temos moito traballo por diante, pero xa vai collendo forma.  ;)

2017/03/13

O0ondas

Cambiamos os bechos polas ondas. Ondas de todo tipo (acuáticas, acústicas...) sombras, luces... Captaremos o invisible e analizaremos todo canto nos resulte sospeitoso no noso entorno. COMEZAMOS!!

A COCIÑA DE TERE

Menú especial para despedir a nosa cociñeira favorita. Pulpada, pizza de zorza e queixo de Arzúa e fresas con nata. Delicia!!! 😉

2017/03/08

IRMÁNS DE CELEBRACIÓN


Hoxe Dani estivo de cumpreanos! Aproveitando que seu irmán Adrián estivera tamén de aniversario uns días antes, agasalláronnos cun postre especial. Eles sopraron as candeas e nós... Degustamos unha exquisita tarta. Ummmm... Que rica estaba!





2017/03/03

A MULA

Rematado o Entroido....apareceu a mula. Ao final quedamos os profes de «burros», menuda!!! ;)