2017/11/21

Axentes contra o lume

Hai poucas datas aínda desde que os lumes asolaran o noso país. Un drama que se levou consigo vidas humanas, danos materiais, naturais e que conseguiu roubarnos o sorriso. E é nas catástrofes cando xorden sempre heroes. Uns heroes sen capa pero con mangueiras que non dubidan en arriscar as súas vidas para protexernos. A semana pasada tivemos a sorte de poder falar con eles, ver e probar os materiais cos que traballan e incluso nos deixaron subir uns momentos ao camión . Foi unha xornada divertida e moi interesante. Querémoslles dar as grazas aos axentes forestais da zona e dicirlles que poden visitarnos cando queiran


























Ningún comentario:

Publicar un comentario