2017/11/24

Día contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro celebrase a  nivel mundial o Día contra a Violencia de Xénero. Por este motivo hoxe,q no noso salón, falamos moito desta lacra que padecemos como sociedade e intentamos ver os efectos nocivos dos machismos e micromachismos cos que convivimos á diario e que as veces nin detectamos. Traballamos nesta problemática tamén polo feito de que cada vez en máis centros educativos, sobre todo nos institutos, se detectan máis casos deste tipo de violencia. Unha triste realidade contra a que hai que pelexar a diario todos xuntos con armas coma o respecto, a empatía, a solidariedade e o amor. Os nenos e nenas do CEIP de Présaras dicimos NON á violencia machista!


















Ningún comentario:

Publicar un comentario