2018/12/17

Somos personaxes dentro dun debuxo

No salón preguntámonos como se facían os debuxos animados.
Os profes nolo explicaron e daquela fixemos un debuxo, preparamos unha frase, gravámonos nun Croma e montamos o vídeo aparecendo nós por riba do debuxo. Non é perfecto porque só é unha proba para saber como se fai.


2018/12/03

Semana do Outono 
O 14 de Novembro saímos pola zona da escola dar o Paseo de Outono; follas secas, castañas, ourizos, ramiñas, e mesmo algunha seta caiu nos nosos cestos. Todo o que apañamos empregámolo na decoración outonal da escola para o día do Magosto, que comezou cun rico xantar de convivencia con papás, mamás e avós e rematou coa sesión de xogos, merenda de castañas asadas, chocolate quente e doces a esgalla. Aquí mostramos algúns deses momentos tan divertidos que pasamos!







































2018/11/19

Samaín no CEIP de Présaras

Celebramos no CEIP de Présaras unha semana de cine de terror rematada na Festa do Samaín.
Como non podía faltar, tivemos lecturas e actividades arredor delas. Tamén vimos varias curtas de cine de terror e traballamos arredor delas.
E atravesamos o túnel do terror.
Ademais de decorar as cabazas, moitas con motivos cinematográficos.

O día de Samaín representamos "Thriller" de Mickel Jackson no salón, preparamos un menú terrorífico e xogamos acompañados das familias.

No vídeo tedes algo do feito.


Vídeo do Samaín no CEIP de Présaras

2018/11/15

No Ceip de Présaras NoN ParaMoS🤓🎥💪🏻



Mañá fai unha semana que despedimos a Sabela, a profe en prácticas dos Minchiñas de infantil.Aquí unha pequena mostra do vídeo de despedida que lle preparamos. Desexámoslle o mellor nesta súa nova etapa. 😊

2018/10/26

Présaras corre contra a Leucemia Infantil


Hoxe o Ceip de Présaras participa na carreira solidaria  "La vuelta al cole contra la Leucemia Infantil". 

unoentrecienmil.org
lavueltaalcole.com