2018/01/09

Xa estamos de volta... e con grandes novidades!

Reamatadas estas vacacións de Nadal nas que puidemos gozar das viaxes, das festas e de moito tempo coas nosas familias, regresamos ao colexio coas baterías totalmente cargadas e con moitas ganas de traballar en novas e emocionates aventuras na nosa escola. E comezamos forte! Nesta primeira xornada escolar na que estreamos ano novo, Iria e Lucía ofrecéronnos unha nova lectura en inglés titulada THE COLOUR MONSTER, coa que gozamos e puidemos ver a destreza que se dan as nosas compañeiras na lingua de Shakespeare. Fixérono realmente ben.
Logo, da man da "teacher" Yolanda e coa inestimable colaboración do mestre Javier, traballamos as expresión inglesas relacionadas coas emocións e estados de ánimo. Foi realmente divertido! 








Por outra banda, cando dicimos que vimos con grandes novidades non mentimos pois hoxe podemos anunciarvos unha das noticias que máis ledicia nos provoca, como é a de que a nosa familia escolar non para de medrar. Diego veu cargado de sorrisos e ilusión para a clase de quinto curso e por iso, neste día tan especial, queremos aproveitar para darlle unha acollida moi agarimosa, como el se merece. Benvido Diego ao noso colexio que xa é tamén o teu. Verás a de aventuras que nos agardan xuntos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario