2018/02/16

O noso amigo JUAN JOSÉ SEOANE


A semana pasada tivemos a honra de poder recibir no noso colexio a Juan José Seoane que é, segundo o concurso de condución segura da aplicación DriveSmart, o mellor condutor de España. Este novo amigo noso é empregado de Correos desde hai máis de dúas décadas e circula a miúdo polas estradas do noso concello e do veciño municipio de Teixeiro. Nun xesto que lle agradeceremos sempre, Juan José tivo a ben acordarse de nós, dos nenos e nenas do CEIP de Présaras, e decidiu doarnos a contía íntegra do premio que lle foi outorgado por ser, como xa dixemos, o mellor condutor de España. O seu desexo é que os nenos e nenas do centro escolar participemos en actividades relacionadas coa seguridade viaria e, como non podería ser doutro xeito, así o faremos. Juan, antes tiñas a nosa admiración. Agora tamén nos roubaches un anaco grande do corazón. Grazas polos regalos, pola doazón e por ser como es. Volve visitarnos axiña.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario